
O pasado ano 2022 o noso clube Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra veu de facer investimentos e melloras nas súas instalacions e materiais. Todo isto coa única finalidade de mellorar tanto a práctica do noso deporte, o Judo, coma o rendemento tanto dos nosos deportistas de competición como deportistas de base.
Estas melloras acadáronse grazas a adquisición de material para a renovación das diferentes salas de Judo nos lugares de entreno da comarca de Ferrolterra.
Estas melloras foron posíbeis grazas a unha subvención concedida pola Deputación da Coruña (FO104), por un importe de 7000€.